Saturday 16 de November de 2024

Luz verde á elaboración dun Plan Local de Desescalada para os servizos municipais, a hostalería, o comercio e o turismo activo


A Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 deu luz verde na súa reunión de hoxe a elaboración dun Plan Local de Desescalada con dúas frontes: a articulación de medidas pensadas por unha parte para os servizos municipais do Concello (tales como control de temperatura e desinfección a traballadores e usuarios destes servizos ou a colocación de mamparas e outros elementos de protección) e, por outra, para o noso sector servizos como gran prexudicado desta crise dende o punto de vista económico.

Respecte a este segundo eixo, o alcalde Manuel Ruiz explicou que a folla de ruta pasa en primeiro lugar pola creación de tres grupos de traballo coa hostalería, co comercio e coa turismo activo de forma que en sintonía cos mesmos se poidan adoptar medidas propias, coordinadas coas que proveñan do Estado e a Xunta. Os primeiros pasos nestes grupos de traballo serán por videoconferencia.

E precisamente por videoconferencia tivo lugar hoxe esta mañá xunta de goberno local: a primeira dende que se decretara o Estado de Alarma fai corenta días.

Tablets e ordenadores
Noutra orde de cousas, na Comisión de hoxe se deu conta tamén do reparto de 22 tablets e 9 ordenadores ata o momento con destino a alumnado do municipio e tamén se informou da formalización dunha denuncia e cinco actas de requirimento por parte da Policía Local por vulnerar as normas de confinamento.

Tocante ao reparto domiciliario de mascarillas, prosegue por Palmeira.