Friday 22 de November de 2024

A Comisión de Facenda consensúa as tres grandes liñas do plan de reactivación económica e social da cidade


 

Tras recoller as propostas de todos os grupos políticos, o Goberno local propón unha metodoloxía de traballo para afrontar o desafío económico derivado da pandemia do COVID-19

O Goberno local decidiu esta mañá na Comisión de
Facenda cales serán as tres grandes liñas de actuación do plan de reactivación económica
e social necesario para a cidade. Despois de considerar as propostas das outras forzas
políticas, sentaron as bases e a metodoloxía de traballo para afrontar o desafío económico
por mor do coronavirus e que se basearán nun plan de investimento público, que consistirá
na licitación e adxudicación de obras públicas.
A alcaldesa, Inés Rey, explicou que a segunda grande aposta será a de incrementar os
programas municipais de protección social, que entrarán dentro dun bloque chamado
“Coruña Solidaria” e que, por último, se tomarán “medidas económicas e fiscais para os
sectores máis afectados pola crise, isto é, para as PEMES e as persoas autónomas e
determinacións que vaian dirixidas a mellorar a situación do comercio, a hostalaría e a
industria cultural”.
Por outra banda, no primeiro encontro acordaron evitar os solapamentos coas axudas que
están en marcha na actualidade por parte do Estado e coas iniciativas futuras que aprobe a
Xunta. Ao longo de todo este proceso de traballo da comisión, a alcaldía, que é a que a
preside, manterá encontros cos distintos axentes económicos e sociais da cidade de cara a
escoitar as súas achegas. Neste sentido, haberá dúas sesións semanais de forma
monográfica para buscar entre todas as forzas políticas o maior consenso posible co fin de

Nota de Prensa

perfilar os programas e as liñas de actuación que permitan reactivar a economía e que
protexan socialmente as persoas máis vulnerables. A comisión cumpriu o acordo unánime
da Xunta de Voceiras/os para estudar na Comisión de Economía e Facenda a reorientación
do orzamento municipal e a súa posible modificación de cara a superar a crise económica
derivada da pandemia.
O Concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, valorou “a boa disposición de
todos os grupos para buscar un mínimo consenso” e subliñou como “importante” que hoxe
se alcanzase “o primeiro acordo”, dado que no seo da comisión “entre todos os grupos
políticos decidimos cales van ser as tres grandes liñas de acción do plan de reactivación
económica e social”.