Friday 22 de November de 2024

Os departamentos de CSC e Mocidade traballan na impresión 3D de LU-Touch, un dispositivo que minimiza o contaxio por COVID-19


O Concello de Santiago de Compostela, a través dos departamentos de Centros Socioculturais e de Mocidade, está fabricando, mediante impresión en 3D, un dispositivo denominado LU-Touch, co que se pretende reducir ao mínimo a posibilidade de contaxios de COVID-19 por contactos indirectos. As primeiras unidades estanse repartindo entre o persoal de limpeza e os uxieres. O obxectivo é, conforme se vaian imprimindo, distribuilos entre o resto de traballadoras e traballadores municipais.

Este dispositivo está deseñado para ser empregado de forma ergonómica, cunha zona de agarre separada da zona de contacto. Con él pódense abrir portas e ventás e acceder ás chaves da luz sen tocalas. Ao non existir contacto directo con superficies, minímizase o risco de contaxio. De momento estase a traballar con tres impresoras 3D dende o local da Asociación de Veciños Sandra Prego Rial, de Pontepedriña. Fabrícanse aproximadamente uns 24 LU-Touch diarios. Está previsto que cando remate este período de confinamento, o Departamento de Mocidade organice distintas accións formativas de impresión en 3D destinadas á xuventude.