Hoxe tivo lugar outra comisión de seguimento da evolución do #Coronavirus en #Camariñas. Entre outros temas, tratouse:
➡️ Desde a última comisión non se produciron nin denuncias nin detencións, o que mantén o saldo de denuncias en 11 e de detidos en 0 desde o inicio do Estado de Alarma.
➡️ Mañá, os operarios municipais desinfectarán co produto de longa duración os espazos e mobiliario público.
➡️ O persoal de limpeza continúa desinfectando os coches municipais e o almacén. Van comezar a facer limpezas xerais na escola infantil, colexios de primaria, pavillóns, etc.
➡️ O Sergas desinfectara os centros de saúde o fin de
semana.
➡️ A asistente social informou de que houbo unha entrega máis de alimentos e de que hai dúas solicitudes pendentes para valorar.
➡️ A Axencia Desenvolvemento Local Camariñas realizou o envío de cuestionarios, anónimos e breves, ás empresas do Concello para coñecer a súa situación actual e as necesidades que teñen e terán.
➡️ Protección civil continúa repartindo material educativo polos domicilios.
➡️ Pediremos á subdelegación do goberno o seguinte material de protección para o persoal municipal de maior risco (policía local, emerxencias e SAF): 100 máscaras FFP2, 400 luvas de nitrilo da talla M, 400 luvas de nitrilo da talla L, 300 batas antisalpicaduras, 20 litros de xel hidroalcohólico.
➡️ Onte chegaron as 100 máscaras e os 12 sprays que pedíramos e tamén un envío da Xunta con 100 máscaras cirúrxicas, 300 luvas de nitrilo, 3 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico, 2 garrafas desinfectante (5 litros) e 4 traxes antisalpicaduras.