Friday 22 de November de 2024

O concello reactiva a partir de mañá o servizo de BiciCoruña e será obrigatorio utilizar luvas durante todo o traxecto


O Goberno local considera que as bicicletas son un medio de transporte máis seguro e adecuado para evitar a concentración de persoas noutros medios de transporte público, ao facilitar o distanciamento social
O concello reactiva desde mañá o servizo de
alugamento de bicicletas de uso público municipal BiciCoruña, tras establecer un
protocolo que reforza as medidas de limpeza e desinfección das bicicletas e das
instalacións, co fin de garantir a seguridade da cidadanía. Para usalas, será
obrigatorio levar luvas.
O Goberno local considera que, ao reactivárense algúns sectores, é necesario
facilitar a mobilidade da veciñanza dunha maneira segura. A bicicleta, explican, ao
ser un modo de transporte individual, permite o distanciamento social necesario,
imprescindible para evitar contaxios e cumprir coa normativa establecida no estado
de alarma decretado polo Goberno de España.
Durante as semanas de suspensión do servizo, EMVSA, empresa pública xestora
do dito servizo, limpou e desinfectou todas as bicicletas, bases de estacionamento,
furgonetas de repartimento e o resto das infraestruturas, con produtos
desinfectantes homologados. Estas tarefas continuaranse desevolvendo a diario coa
finalidade de reducir e minimizar, na medida do posible, os riscos para as persoas
usuarias e evitar contaxios.

Nota de Prensa

Así mesmo, EMVSA adoptará as medidas necesarias para que o persoal traballador
de Bicicoruña en contacto co servizo cumpra todas as medidas sanitarias
preceptivas para desempeñar as súas funcións na reparación de bicicletas e mais
na repartición destas polas estacións da cidade.
A reapertura efectuarase de maneira gradual para todas e todos os usuarios
habituais, así como para quen se dea de alta a partir mañá, atendendo ás
necesidades e demandas detectadas. As persoas usuarias poderanse informar a
través da web www.bicicoruna.es.

As estacións reabriranse de luns a venres, das 7.30 ás 20.30 horas. O horario do
sábado será de 7.30 a 14.30 horas. O domingo e o resto dos festivos permanecerán
cerradas. Só se poderán utilizar as bicicletas para realizar traxectos xustificados e
permitidos polas autoridades no estado de alarma e durante o tempo necesario para
iso. Nun primeiro momento, instalaranse só tres bicicletas en cada estación.
Ademais, será obrigatorio usar luvas de protección (durante todo o traxecto, así
como na retirada e depósito da bicicleta en cada estación) e seguir as normas de
hixiene, seguridade e distancia social aprobadas polas autoridades sanitarias.
Ademais, as e os usuarios evitarán tocar a estación aparca-bicicletas e as partes
das bicicletas que non sexan necesarias para poder conducilas.
A Policía Local será a encargada de velar porque as persoas usuarias cumpran as
normas. Pola contra, poderán ser sancionadas e mesmo poderían retirarlles o
abono de BiciCoruña se incumpriren estas indicacións. Os responsables
municipais, sen prexuízo do que dispoñan en cada momento as normas sanitarias,
recomendan levar durante os traxectos un documento que xustifique o
desprazamento, e recomendan tamén usar unha máscara de protección.
Até que finalice o estado de alarma, os abonos anuais das e dos usuarios activos
prorrogaranse desde o peche do servizo (13 de marzo de 2020), sen que sexa

Nota de Prensa

necesario que a persoa usuaria contacte con atención ao cliente ou rexistre unha
incidencia.

Calquera xestión, poderase tramitar a través do correo electrónico a
contacto@emvsa.es ou chamando aos teléfonos 981 910 460 e 881 922 316.