Friday 22 de November de 2024

Carlos Negreira destaca a gran mellora que supoñerá, para os nenos e o profesorado, a ampliación das instalacións do CEIPEmilia Pardo Bazán


O novo edificio, no que se invisten case 2 millóns de euros, ten unha superficie de 1.500 metros cadrados e entrará en funcionamento tras a celebración do Carnaval

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou esta mañá, xunto co conselleiro de Educación,Jesús Vázquez, as novas instalacións do CEIP Emilia Pardo Bazán, no barrio Dos rosales, que comezarán a funcionar tras a celebración do Carnaval: “Hoxe é un gran día para nós, despois de 6 anos concrétase este importante investimento grazas ao diálogo que houbo entre a comunidade educativa, pais, profesores e aConsellería e o Concello da Coruña, que fixo a cesión dos terreos. É un día feliz e un bo día tanto para Os Rosales como para a cidade”, destacou o alcalde.
Os traballos, cun investimento próximo aos 2 millóns de euros, consistiron na ampliación das instalacións cun edificio de 1.500 metros cadrados para albergar 9 aulas, unha sala de usos múltiples, un comedor con capacidade para uns 300 alumnos e unha nova zona de administración.
“Espero que este investimento, como moitas outras que se levan facendo en materia de educación, siga sendo prioritaria e conte coa colaboración da Xunta”, sinalou o alcalde, quen recordou outros exitosos programas postos en marcha na cidade como Coruña Educa, que nos últimos 3 cursos case duplicou o número de alumnos destinatarios, pasando dos 29.914 do curso 2011/2012 aos case 54.000 do actual, e de 20 programas a 38. Tamén fixo referencia ao novo regulamento de Escolas Infantís Municipais, máis solidario e realista coa situación familiar e socioeconómica dos coruñeses, xa que, por primeira vez, existen prazas totalmente gratuítas en función de niveis de renda e para segundos e sucesivos irmáns. Ademais, informou de que, dende o inicio do mandato, se investiron 9,75 millóns de euros en obras de mellora e mantemento dos 36 centros educativos.
“Todo investimento en educación é benvido, por iso quero felicitar á Xunta polo nivel de diálogo que se puido alcanzar neste proxecto para elixir entre dúas solucións, tras as que se chegou a un consenso para construír estas novas instalacións”, “que supoñerán unha gran mellora tanto para os nenos coma para o profesorado do CEIP Emilia Pardo Bazán” finalizou.