Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas ao concello de Ferrol 32.242 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19


Hoxe mesmo enviarase unha nova partida de 2.500 luvas, 832 máscaras e 41 traxes antisalpicaduras
A Xunta de Galicia vén de dar orde hoxe dun novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto do Concello de Ferrol a partida inclúe 832 máscaras, 2.500 luvas e 41 traxes antisalpicaduras. Unha parte das máscaras entregadas neste envío foron cedidas pola Deputación da Coruña para repartir entre todos os concellos da provincia.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados ao Concello de Ferrol en conxunto 32.242 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 14.578 máscaras, 17.500 luvas e 164 traxes, enviados en tres entregas realizadas os días 2, 3 e este 22 de abril.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.