Saturday 16 de November de 2024

Cáritas e o Concello coordinan o reparto de alimentos a case 20 familias en situación de vulnerabilidade


Daniel Turnes, consiliario de Cáritas, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, acordaron con Protección Civil como será a entrega dos produtos de primeira necesidade.
Cáritas e o Concello de Vimianzo coordinan o
reparto de alimentos a case 20 familias en situación de vulnerabilidade.
Será Protección Civil do concello vimiancés o equipo que faiga entrega
dos produtos de primeira necesidade.
Daniel Turnes, consiliario de Cáritas e Mónica Rodríguez, alcaldesa de
Vimianzo, acordaron cos equipos de Protección Civil esta tarde como será
a entrega dos mesmos.
Turnes expresou a súa “total colaboración ante a situación que estamos a
vivir. A veciñanza necesítanos e temos que dar un paso ao frente”,
destacaba o consiliario. Pola súa banda, Mónica Rodríguez, alcaldesa de
Vimianzo, quixo agradecer a Cáritas “a súa doazón nuns momentos tan
complicados. Destinarémolo á xente que máis o necesita ante a crise
sanitaria que estamos a vivir”, sinalou a rexedora.