Friday 22 de November de 2024

Retómanse os traballos na senda que une as parroquias de Serramo e Treos


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, supervisaron esta mañá o novo comezo da actividade destes traballos.
O Concello de Vimianzo retomou os traballos esta
mañá na senda que une as parroquias de Serramo e Treos. A alcaldesa,
Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez,
supervisaron o comezo dos mesmos, que consistirán na ampliación do
ancho desta vía.
A obra, con fondos provinciais, pretende mellorar as comunicacións no
rural vimiancés, e estímase que continúen aínda que estea decretado o
estado de alarma desde o pasado 14 de marzo.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo remarcar “que temos que continuar
coas obras que estaban paralizadas debido á crise sanitaria.
Retomaremos progresivamente a actividade e estes traballos forman parte
dunha das melloras de comunicación nas que levamos traballando desde
que entramos no goberno”, destacou a rexedora.