Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame inicia o reparto a domicilio dos libros do terceiro trimestre entre o alumnado do CPI Cernadas de Castro


O Concello de Lousame comezou hoxe martes o reparto a domicilio
dos libros do terceiro trimestre entre o alumnado do CPI Cernadas de Castro. Unha tarefa que
será asumida por voluntarios de Protección Civil e persoal municipal, en coordinación coa
dirección do centro escolar lousamiá.
Así, esta mañá a conselleira de Ensino, Silvia Agrafojo, e a directora do CPI Cernadas de
Castro, Pilar Cobas, coordinaron a entrega do material no patio do centro escolar. “Hoxe
mesmo xa empezamos pola parroquia de San Xusto e nos próximos días entregaranse os
libros nos domicilios do alumnado en todas as parroquias de Lousame”, explica a concelleira
de Ensino, quen agradece o labor do voluntariado municipal e do persoal municipal.
Un centro escolar ao que recentemente se lle entregaron tres ordenadores portátiles con
conexión a Internet gratuítas, achegados pola Xunta de Galicia e destinados ao alumnado das
familias con menos recursos económicos. Uns equipos e conectividade que as familias
reciben como préstamo persoal para facilitarlles ao alumnado o seguimento da actividade
educativa mentres dure o estado de alarma.