Os centros municipais lanzan unha campaña polo Día do Libro en que apostan polo acceso universal á cultura e preparan actividades que difundirán a través de medios convencionais para lle achegar a lectura á cidadanía que non se manexa nas redes
O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña
lanza a campaña “Mollámonos polo libro”, en que amosa o seu compromiso co sector do
libro e aposta por lles dar acceso á cultura a todos os públicos. Con motivo do Día do Libro,
que se conmemora este xoves, a Rede de bibliotecas municipais da Coruña únese ás
diferentes manifestacións que se están dando no mundo da cultura para pór en valor este
obxecto con tapas e a todas e todos os axentes implicados nel co fin de que non se queden
atrás.
Baixo o lema “Mollámonos polo libro”, a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que
vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta. Por iso, desde os centros
bibliotecarios quérenlles lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todas as actrices e
actores do mundo do libro.
Esta orixinal iniciativa lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públicos que,
xunto coa súa programación actual (que se pode atopar baixo o cancelo
#BibliotecaenCasa), definirán a adaptación do servizo municipal nun contorno atípico onde
os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para que as persoas
usuarias se poidan introducir no sistema bibliotecario da cidade.
Ademais da información publicada na páxina web e dunha programación diaria nos espazos
virtuais (blogs e perfís de Facebook, Twitter e Instagram), en que se ofrecen recursos
Nota de Prensa
formativos e informativos, contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais
impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados
mediante a presentación de programas deseñados para a súa execución en medios de
comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán “Lemos para ti”, un conxunto de
narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa
canle de Spotify e na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos
familiarizada coas redes poida desfrutar da literatura.