A Administración autonómica encárgase da subministración e as máscaras están sendo facilitadas ao mesmo prezo ao que as adquire a Xunta
A Xunta enviou o primeiro envío de mascarillas tanto a empresas como autónomos dos sectores que retomaron o traballo o pasado luns. Así, na provincia da Coruña, concretamente nas comarcas de A Coruña, Santiago e Ferrol, repartíronse un total de 452.000 mascarillas aos clusters e asociacións que fixeron as súas peticións á Xunta. A previsión inicial é acadar o envío de preto de 2 millóns de mascarillas ao longo desta semana en toda Galicia, un material que foi adquirido directamente pola Xunta de Galicia.
Ovidio Rodeiro lembrou que “as peticións canalízanse a través dos clusters e asociacións que agrupan aos destinatarios finais”.
O delegado territorial recalcou que “esta medida está sendo moi valorada polo beneficiarios ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado”. De feito, o material está sendo facilitado ao mesmo prezo que o adquire a Xunta.
Este sistema de distribución foi un dos puntos aprobados o luns, 13 de abril, no seo da quinta reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde se indicou que o Goberno galego subministrará máscaras ás empresas e os autónomos que o soliciten. Este reparto de material de protección está chegando a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.
O reparto estase realizando desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de tódolos envíos de material que non ten que ver con centros médicos e hospitalarios.