A primeira fase do plan será detectar e difundir o traballo das empresas que seguen abertas durante o Estado de Alarma.
Unha das prioridades do Concello de Camariñas é apoiar ao sector
empresarial do municipio, que está a vivir uns tempos moi difíciles
debido as restricións provocadas pola expansión da COVID-19. Para
isto acaba de lanzar a campaña #CamariñasReactívase, que ten
como obxectivo principal potenciar e dinamizar as empresas locais.
“Hai moitas empresas que teñen que estar pechadas actualmente
debido ás medidas do Estado de Alarma, pero tamén hai outras que
seguen traballando e loitando para manterse vivas e a primeira fase
desta campaña vai dirixida a estas últimas”, explicou a alcaldesa de
Camariñas, Sandra Insua.
A primeira acción de #CamariñasReactívase consistirá en detectar
esas empresas do municipio que continúan abertas e difundir os
servizos que ofrecen á cidadanía. Facelo é moi sinxelo: deben
publicar un post nas súas redes sociais (Facebook, Instagram e/ou
Twitter) anunciando os seus produtos ou servizos e mencionar ao
Concello de Camariñas empregando ademais no texto o cancelo
#CamariñasReactívase.
Ademais de compartilo nas redes municipais, cos datos obtidos o
Concello elaborará unha lista dos establecementos que continúan
ofrecendo os seus servizo durante o Estado de Alarma que
posteriormente distribuirá entre a poboación. Para obter máis
información sobre esta iniciativa pódese mandar un correo electrónico
a adl@camarinas.net , consultar a web municipal ou chamar ao
teléfono 653 264 990.
Gabinete de prensa: 618 081 497
Preparación da segunda fase
A segunda fase do #CamariñasReactívase ten que ver co plan de
reactivación económica no que están a traballar todas as Axencias de
Desenvolvemento Local da Costa da Morte.
Para coñecer as necesidades reais do tecido empresarial, desde o
comité de traballo do Plan poñeranse en contacto co tecido
empresarial, social e produtivo de todo o territorio a través de
cuestionarios, enquisas ou entrevistas.
Para iso, desde a ADL de Camariñas necesitan confirmar que teñen os
datos de contacto actualizados de todas as empresas do municipio,
tanto as que están agora abertas como as pechadas. O Concello
utilizará os datos dos que dispón no seu Directorio
( www.camarinas.net/camarinas_directorio/portada.php ) polo que
cada empresa debe revisar os seus datos e actualizar o que precise,
engadindo un teléfono móbil se é posible. Para este proceso de
actualización deben enviar un correo cos novos datos a
adl@camarinas.net desde hoxe mesmo e canto antes.