A través da iniciativa da Fundación María José Jove, faise chegar ás persoas ingresadas da área sanitaria da Coruña as mensaxes da rapazada malpicá
O Concello de Malpica fixo entrega esta mañá das primeiras
once cartas a pacientes ingresados no CHUAC por coronavirus. A iniciativa da
Fundación María José Jove, #cartasconalma, permite a recollida do material para facer
entrega no centro sanitario coruñés.
Así, dende o Concello colaboramos con esta bonita iniciativa, que permitirá achegar
ánimos dende a distancia ás persoas que están a sufrir o coronavirus. A temática é
libre, así como o seu formato.
A través da coordinación cos diferentes centros, poden remitirse as obras ata o 24 de
abril como data límite, indicando o nome, idade e o centro onde estuda o/a alumno/a.
A concelleira de Educación, María Álvarez, admite que “era imposible non sumarse a
esta iniciativa. Si cun pequeno xesto podemos contribuír a axudar a aquelas persoas
hospitalizadas por coronavirus, que ninguén dubide que o imos facer”, apunta a edil.
Pola súa banda, o alcalde, Walter Pardo, anima a “todas as crianzas de Malpica a
colaborar nesta marabillosa idea, para que en nome de todos, lles fagan chegar esas
mensaxes de “non estades sós e soas”, subliña o alcalde.