Saturday 16 de November de 2024

A Xunta elimina un punto de vertido ao río Xerpe, no concello de Betanzos


Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, nunha inspección rutineira, detectaron a orixe desta vertedura na parroquia de Tiobre
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de eliminar un punto de vertido ao río Xerpe, no Concello de Betanzos.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, nunha inspección rutineira, detectaron un punto de vertido no lugar de Caraña do Medio, na parroquia de Tiobre.
A Xunta notificoulle esta situación ao Concello de Betanzos, que a través da empresa xestora do saneamento municipal, detectou unha conexión errónea dunha vivenda da zona.
Tras localizar a orixe do vertido, a Administración local instou ao titular do inmoble a eliminar a citada conexión.
Os inspectores de Augas de Galicia efectuaron recentemente unha nova visita á área, comprobando as actuacións realizadas e o cese de aporte de augas residuais na rede de pluviais.