O servizo conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os menús no seu domicilio grazas ao dispositivo especial de voluntariado do concello e á colaboración de Protección Civil
Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación,
repartiu 10.000 menús dentro do programa bolsa comedor desde que comezou o estado de
alarma. As familias beneficiarias poden seguir desfrutando deste servizo, que ademais se
reforzou durante a Semana Santa, xa que se seguiron entregando menús durante estas
datas festivas en que, se non estivermos en estado de alarma, non se prestaría este
servizo.
O programa Bolsa comedor conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os
menús no seu domicilio grazas ao dispositivo especial de voluntariado do concello e mais á
colaboración de Protección Civil.
Xa que durante o estado de alarma as nenas e os nenos bolseiros non poden comer nos
seus centros educativos, as familias deben solicitar ao concello a vontade de recolleren os
seus menús no colexio que se lles asigne. Se non puideren abandonar o seu domicilio,
activarase o servizo de entrega nos seus fogares. Os colexios en que está funcionando a
repartición dos menús son o Fogar de Santa Margarida, a Grande Obra de Atocha, Víctor
López Seoane, María Pita, Raquel Camacho e Salgado Torres.