O Concello de Boqueixon iniciou as obras de mellora do firme viario das
pistas que transcorren entre a Igrexa de Lamas e o cruce de Carabán e a do vial de Sucira. A
obra comeza segundo os prazos establecidos, e agora a previsión e que rematen no vendeiro
mes. O Alcalde supervisou o comezo desta actuación, que está subvencionada con fondos
AGADER. O importe das obras é dun total de 48.642 euros, e o Concello de Boqueixón aporta un
20%.
Nos vindeiros días iniciaranse tamén os trámites para a contratación do Plan de Obras e Servizos
(POS) de 2019, por un importe de 270.835,59 euros.