Friday 22 de November de 2024

Inés Rey: “Non imos deixar a ninguén atrás, e menos nunha situación de vulnerabilidade”


 

A alcaldesa, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá o segundo espazo habilitado como albergue nas pistas polideportivas de Riazor, que contará co mesmo esquema organizativo do que está no Pavillón de Deportes

A alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Benestar Social,
Yoya Neira, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá o novo
dispositivo das pistas polideportivas de Riazor, que sumará desde o domingo 50 prazas
máis ao albergue habilitado no Pavillón de Deportes, cunha capacidade entre os dous
puntos para 119 persoas sen fogar. A rexedora destacou que as persoas máis vulnerables
son prioridade do Goberno local e que, neste caso, a infraestrutura que lle dá acubillo á
veciñanza sen teito supón un gasto semanal de 38.000 euros: “Non imos deixar a ninguén
atrás, e menos nunha situación de vulnerabilidade. Por iso, ampliamos o servizo de
asistencia ás persoas sen fogar e así seguiremos traballando”. O concello habilitou un
pasillo na beirarrúa da avenida de Habana que conecta ambos dispositivos e todas as
novas e os novos usuarios trasladaranse a esta zona norte da Cidade Deportiva de Riazor.
Este segundo espazo seguirá o mesmo esquema organizativo, de xeito que as e os
usuarios contarán cunha zona para o descanso e unha adaptada como comedor, así como
con distintos apartados para o lecer e practicar actividades e unha parte exterior acoutada
para elas e eles.
Canto á triaxe médica, efectuarase no primeiro espazo, polo que a persoa que entra nova
no servizo do concello terá que pasar as probas como requisito para ocupar unha vacante
nesta prolongación do albergue, en que se establecerán normas de funcionamento idénticas
e vixilancia médica. Ademais, haberá o mesmo número de profesionais ao cargo que no

Nota de Prensa

pavillón. Unha vez que estea operativo, desconxestionarase o que xa está en marcha para
que ambos queden equilibrados canto ao número de persoas.