Saturday 16 de November de 2024

Os ADL da Costa da Morte únense para crear un plan de reactivación económica da comarca


Os traballadores das oficinas de Camariñas e Vimianzo tomaron a iniciativa e contactaron co resto de concellos, que son todos os da Costa da Morte agás Carballo e Laracha.

O futuro aínda é incerto e os concellos da comarca queren estar preparados
para afrontalo. Así, a raíz dunha iniciativa dos ADL de Camariñas e
Vimianzo, todos os axentes de desenvolvemento local da Costa da Morte
veñen de crear un comité de traballo para facer un plan de activación
económica da Costa da Morte.
Todo se iniciou cando as e os profesionais de Camariñas e Vimianzo
propuxeron ás súas respectivas alcaldesas organizar un plan de reactivación
da economía para cando rematase o Estado de Alarma. Ademais, tamén
instaron a que ese plan, no canto de ser unicamente local, podía ser
comarcal involucrando a todos os concellos da Costa da Morte agás Laracha
e Carballo polo seu tamaño e por dispoñer de maiores recursos económicos
e por contar cun tecido empresarial máis forte.
Tras unha serie de contactos entre os alcaldes e alcaldesas da comarca,
todos accederon, formándose así unha fronte común de traballo composta
polos ADL de Carnota, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría,
Camariñas, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Zas,
Vimianzo, Cee e Coristanco (pendente de confirmar este último).
Foi entón cando se comezou a traballar. Primeiro organizouse un comité de
traballo máis reducido, que está conformado por un total de sete ADL de
cinco concellos: Camariñas, Vimianzo, Carnota, Mazaricos, Zas. Ademais,
tamén forma parte deste grupo de traballo a Deputación da Coruña a través
dunha axente de desenvolvemento local da área de promoción económica
provincial, que se encarga de orientar e recoñecer as accións que poidan
ser susceptibles de incorporarse a algunha das liñas de axudas provinciais.
Pola súa parte, a Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento

Gabinete de prensa: 618 081 497

Local de Galicia AFIPRODEL tamén se involucrou desde o principio,
aportando ferramentas e asesorando aos profesionais.
Método de traballo
“A idea é analizar a situación na que nos atopamos, que escenarios son os
que poderemos atoparnos cando isto pase e, con todo isto, articular un
conxunto de accións que sexan eficiente e poidan poñerse en práctica
aproveitando os recursos locais e a coordinación entre os municipios”,
argumentan desde o comité de traballo”.
Polo momento xa se articulou o sistema de participación e a recollida de
información que se vai a necesitar para facer un diagnóstico da situación
actual. Desde o grupo de traballo, que se reúne a través de vídeo
chamadas, están en contacto continuo co resto de concellos que forman
parte desta iniciativa común e o seguinte paso será comezar a colaboración
con cada un deles para coñecer a súa situación e necesidades concretas.
Cando se remate esta análise da situación e das expectativas a curto e
medio prazo, elaborarase unha batería das propostas que desde o comité se
consideren máis urxentes ou de maior relevancia e, posteriormente, irán
incorporándose a esta lista outras medidas que se propoñan. “O obxectivo é
ter lista a finais do mes de abril esta primeira batería de propostas con liñas
prioritarias para presentala ante os concellos”, precisan.
Estas accións elaboraranse en común pero tendo en conta as características
de cada territorio. “Propoñeremos actuacións comúns e tamén outras para
obxectivos concretos que pensamos que se adaptan ben á comarca, que
conta con diferentes perfís xa que uns son máis agro-gandeiros, outros son
pesqueiros, outros de servizos…”, explican.
Ademais, para definir ben estas liñas, desde o comité de traballo poñeranse
en contacto co tecido empresarial, social e produtivo de todo o territorio a
través de cuestionarios, enquisas ou entrevistas para poder coñecer as súas
necesidades reais e crear así un plan o máis aproveitable posible.
Tripla actuación
A estratexia deste comité de traballo desenvolverase en tres niveis:
 A elaboración da citada batería de propostas dirixida directamente
aos Concellos para que estes poñan en marcha as que consideren
máis útiles tendo en conta as características do seu territorio.
 Ter preparadas propostas e accións tendo en conta que se poidan
abrir liñas de subvencións a nivel provincial, autonómico e estatal.

Gabinete de prensa: 618 081 497

 Que se articulen propostas que poidan ser presentadas a novas liñas,
ou a algunha das que xa existen, da Comunidade Europea.
“O obxectivo é estar preparados e contar con propostas para afrontar a
situación económica que se nos vai a presentar, aproveitando todos os
recursos posibles a todos os niveis, non só os municipais”, destacou a
alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
“Quixemos facer un proxecto de recuperación económica a nivel comarcal
porque cremos que estar unidos é o mellor xeito de saír adiante nesta crise
que estamos a vivir”, comentou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.