Saturday 16 de November de 2024

A Deputación da Coruña investirá 90.000 euros no concello de Rianxo


Este investimento é para mellorar a Casa Consistorial e o entorno do Campo de Arriba

A Deputación da Coruña aprobou en pleno dous convenios co Concello de Rianxo polos que o municipio recibirá 90.000 euros dos fondos provinciais para mellorar os seus equipamentos

A través dun primeiro acordo por valor de 60.000 euros a Deputación asumirá en solitario a reparación do firme e da contorna do campo de Arriba. A través deste proxecto vaise pavimentar o paseo central e reparar a casa do concello.

A pavimentación se centrará na entrada da capela de Guadalupe e se levará a cabo con solera de formigón e lousa de granito co obxectivo de mellorar as condicións de accesibilidade. Aproveitando a actuación, tamén se sustituirán as tubaxes de pluviais.

Por outra banda, vaise mellorar a fachada da casa consistorial e a súa cuberta cun illamento térmico e tella de cerámica.

Mobiliario para a Aula Activa do Mar
O segundo convenio será para dotar de mobiliario e equipamento o centro socio-cultural de Asados e Aula Activa do Mar. Neste proxecto se inclúen dende cortinas e cadeiras ata divisións modulares para configurar os despachos.

Tamén neste caso, a Deputación asume en solitario o custo da obra que ascende a 30.000 euros.