Saturday 23 de November de 2024

O GES de Brión asiste a unha persoa ferida leve nun accidente entre un turismo e un trailer na AC-300 ao seu paso por Babenzo


Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión
realizaron unha intervención nun accidente de tráfico que tivo lugar hoxe xoves, ás 13:00
horas, na AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, concretamente ao seu paso pola aldea de Babenzo,
parroquia de Bastavales (Brión). O sinistro, producido por alcance dun turismo a un trailer,
saldouse cunha persoa ferida leve e danos materiais nos vehículos.
No accidente resultou ferida leve unha persoa, que tivo que ser atendida por dores na zona
lumbar e torácica polo propio persoal do GES de Brión no lugar do accidente ata a chegada
de persoal sanitario. Foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario para unha
exploración máis a fondo. Posteriormente procedeuse á retirada do vehículo da estrada e á
limpeza da calzada para poder reabrir á circulación o carril da AC-300, sentido Os Ánxeles..