Tuesday 26 de November de 2024

O Concello de Camariñas comeza a elaborar máscaras infantís artesanais


Están dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos.

Na comisión de seguimento da evolución da COVID-19 en Camariñas
celebrada hoxe, xoves 16 de abril, informouse de que o Concello
comezou a fabricar máscaras infantís artesanais a través das máis de
50 voluntarias coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe.
Estas máscaras están dirixidas a nenos e nenas do municipio de entre
2 e 14 anos e serán feitas con Tejido No Tejido (TNT) de triple capa,
aumentando así a protección con respecto as xa fabricadas para os
adultos, que eran de doble capa.
As costureiras están a fabricar diferentes modelos de distintas tallas
para poder adaptarse aos rangos de idade anteriormente indicados.
Para a súa confección a Floristería Alecrín doou 80 metros de tela TNT
e 18.000 alambres. A tela neste caso é de cores para que
esteticamente sexan máis vistosas.
Prevese que estas máscaras infantís estean rematadas xa a próxima
semana e así poder entregalas en cada fogar aproveitando o reparto
de libros e material escolar que fará Protección Civil.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que esta iniciativa ten un doble
obxectivo “por un lado estamos pensando en protexer aos máis
pequenos para cando se vaian levantando as medidas do
confinamento e poidan saír outra vez ás rúas e, polo outro, queremos
que sintan que tamén pensamos neles e na súa saúde xa que
seguramente moitos deles estarán vendo aos seus pais ou nais coa
máscara posta estes días e non hai ningunha para eles”.
Outros temas da comisión
Na comisión de seguimento da evolución do Coronavirus tamén se
trataron outros temas. Ademais do informe habitual das actuacións

Gabinete de prensa: 618 081 497

das forzas de seguridade e tamén das labores de desinfección que
están a levar a cabo os operarios municipais, falouse de:
 Solicitouse a través da FEGAMP a intervención da UME para a
limpeza dos centros de saúde.
 A asistente social informou de que polo momento hai 3
solicitudes de familias para que se lles faga entrega de
alimentos, que están a ser xestionadas por Protección Civil e
Cruz Vermella.
 A Xunta de Galicia entregou 350 máscaras cirúrxicas, 400 luvas
de nitrilo, 5 botes de 500 ml. de xel hidroalcohólico, 8 litros de
lixivia e 8 traxes antisalpicaduras.
 A Deputación informou que vai enviar un primeiro reparto ao
Concello de 786 máscaras cirúrxicas.
 O Concello fixo un pedido para mercar 100 mascarillas FFP2.
 Comezouse a estudar a instalación de paneis para os postos de
traballo pensando no posible regreso do persoal de oficina.