O material gráfico vai acompañado dunha carta da concelleira, Esther Fontán, en que traslada o agradecemento da alcaldesa, Inés Rey, e do seu equipo de Goberno polo labor que está desenvolvendo o persoal sanitario de atención primaria na cidade
A Concellería de Medio Ambiente difunde nos 14
centros de saúde da cidade cartaces sobre a forma axeitada de tratar os residuos
das persoas enfermas de COVID que están na casa para que, de xeito visual, as e
os afectados e persoal coidador poidan asimilar rápido o procedemento. Segundo a
edila, Esther Fontán, “estamos moi satisfeitas/os da boa acollida que están tendo
por parte do persoal sanitario ao que xa se lle entregou; por iso non descartamos ir
ampliando esta información sinxela e asequible a máis establecementos como
farmacias ou supermercados”.
O material gráfico vai acompañado dunha carta en que a concelleira, ademais de
explicar os contidos e a finalidade dos cartaces, traslada o agradecemento e
recoñecemento da alcaldesa, Inés Rey, e do seu equipo de Goberno ao
importantísimo labor que se está a desenvolver nos centros de saúde na loita contra
esta pandemia.