A intersección entre esta vía e a avenida Fisterra contará con beirarrúas máis anchas, árbores e carril bici, cumprindo un obxectivo de humanización da zona
Hoxe abríronse ao tráfico os carrís centrais do tramo da
Rolda de Nelle que leva en obras desde o pasado 21 de xaneiro, correspondente á
intersección entre esta vía e a avenida Fisterra. O obxectivo de derivar o tráfico aos carrís
interiores non é outro que o de liberar os carrís exteriores para continuar cos traballos de
pavimentación nas berirarrúas e para a habilitación do carril bici.
A fase na que se atopa esta obra é a correspondente aos traballos de pavimentación,
pintado dos novos cruzamentos e construción de beirarrúas máis anchas, carril bici e
plantación de árbores. En definitiva, a humanización desta arteria da cidade.