Tamén acorda prorrogar o contrato da xestión do Servizo de Axuda a Domicilio ata finais de ano co fin de garantir a súa cobertura na actual situación de crise sanitaria
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá
nunha sesión extraordinaria e urxente o proxecto de regulamento de organización e
funcionamento das escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís do
Concello da Coruña que substituirá, despois de ser aprobado en comisión e Pleno, o
vixente desde o ano 2014. O concello destina unha partida de 479.000 euros para
este fin que inclúe o financiamento do 100% das prazas para as familias que estean
empadroadas no termo municipal da Coruña.
A alcaldesa, Inés Rey, asegura que unha das prioridades do goberno local é acadar
unha educación infantil de calidade que permita a conciliación familiar e, por iso, os
criterios de renda e a conciliación laboral e familiar serán criterios relevantes para o
acceso ás escolas. O fomento da igualdade, a sustentabilidade ambiental e a
alimentación saudable son outros dos obxectivos que recolle o regulamento que se
aprobou hoxe.
Esta medida, froito dun acordo de goberno con Marea Atlántica, permitirá que preto
de 830 nenas e nenos que asisten ás escolas infantís municipais (Monte Alto,
Carricanta, Os Cativos, Os Rosales, Agra do Orzán, Arela, A Caracola, Carmen
Cervigón e Luis Seoane) non teñan que pagar nada.
Nota de Prensa
Ademais, un Consello de Participación permitiralles ás familias ter unha maior
participación e implicación nos proxectos que se desenvolvan nas escolas infantís.
Na sesión de hoxe tamén se lle deu luz verde á convocatoria de subvencións para
as entidades sen ánimo de lucro para promocionar e fomentar o deporte no
concello.
O importe global das subvencións é de 280.000 euros e distribuirase, sempre que
as solicitudes presentadas o permitan, cos seguintes límites máximos:
Tipo 1 e tipo 1.1- Actividade deportiva: ata o 25% do total do orzamento (ata 70.000
euros)
Tipo 2.- Actividade física e deporte para todas/os: ata o 15% do total do orzamento
(42.000 euros)
Tipo 3.- Campamentos ou campus: ata o 25% do total do orzamento (ata 70.000
euros)
Tipo 4.- Actividades de natureza e aire libre: ata o 10% (ata 28.000 euros)
Tipo 5.- Actividades deportivas de carácter extraordinario: ata o 25% do total do
orzamento (é dicir, ata 70.000 euros)
Establécese un importe máximo para solicitar de 4.000 euros por cada subvención
agás das axudas do tipo 3 (campamentos ou campus) que é de 6.000 euros por
cada subvención solicitada.
As bases estarán a disposición das entidades interesadas na sede electrónica do
Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es e na Base de Datos Nacional de
Subvencións: http://www.infosubvenciones.es.
As solicitudes deberanse presentar no modelo oficial establecido que se achega
nesta convocatoria, na sede electrónica do Concello da Coruña
https://sede.coruna.gob.es ou no Rexistro Xeral do Concello con destino ao Servizo
Nota de Prensa
Municipal de Deportes, no prazo de 20 días naturais a partir da publicación no
Boletín Oficial da Provincia.
O Goberno tamén acordou ampliarlle a prórroga forzosa do contrato para a xestión
do Servizo público de Axuda a Domicilio (SAD II) á empresa CLECE, SA, por un
prazo inicial de oito meses e un importe de 387.726 euros.
Debido a situación de crise sanitaria provocada pola COVID-19, o Goberno
municipal considera imprescindible que non se interrompan as prestacións
domiciliarias que garantan un servizo básico e esencial e, por iso, decidiu prorrogar
o contrato ata o 16 de decembro de 2020 agás que finalice o procedemento de
contratación que dea continuidade a esta prestación e formalizarase o seu
respectivo contrato administrativo nunha data anterior ao 16 de decembro. Neste
caso, a prórroga finalizaría o día anterior ao día de inicio da prestación do servizo do
novo contrato.
Ademais, o Goberno local poderá, nos casos que resulte necesario, adoptar
medidas sen atender aos procedementos habituais de contratación, e será
suficiente a simple decisión facultativa para activar os servizos domiciliarios básicos.