Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Vimianzo efectúa o reparto de mascarillas en máis de 3.000 fogares do municipio en dous días


O equipo, conformado por 24 persoas e entre as que se encontran a alcaldesa, concelleiros do goberno, Protección Civil e voluntarios, que foron as encargadas de ir porta a porta para entregar o material.
O Concello de Vimianzo efectúa o reparto de
mascarillas en máis de 3.000 fogares en do municipio en dous días. O
equipo, conformado por 24 persoas e entre as que se encontran os
concelleiros do grupo de goberno, Policía Local, Protección Civil,
traballadores municipais e voluntarios foron as encargadas de ir porta a
porta para entregar o material.
Fíxose entrega tamén deste material nos negocios, nos centros sanitarios,
ás persoas que integran os equipos de seguridade e ás traballadoras do
SAF, coas que se está en constante contacto para a renovación periódica
deste material, xa que son un dos colectivos que máis expostos está á
expansión do virus.
Onte, luns 13 de abril cubríronse na práctica totalidade as parroquias do
Concello, deixando para hoxe o núcleo urbano do municipio. Para estas
tarefas, a vontade da Policía Local, Protección Civil, traballadores
municipais e voluntarios foi fundamental.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou a “total vontade do meu equipo
para efectuar un traballo indispensable. Repartimos en máis de 3.000
fogares de Vimianzo mascarillas en dous días e fixémolo nós
directamente, porta a porta, para asegurarnos de que lle chegaban a todo

NOTA DE PRENSA

o mundo. Quero dar as gracias ao meu equipo de goberno, á Policía
Local, Protección Civil, traballadores municipais, voluntarios, Servizos
Sociais e como non, á veciñanza, porque amosamos unión nun momento
tan difícil. Estamos xuntas e xuntos na loita contra o coronavirus, e sin
dúbida imos vencer”, apuntaba a rexedora.