Thursday 21 de November de 2024

Catro patrullas da Policía Local colaboran na desinfección das rúas por parte dos camións de Estradas do Estado


 

Desde as 20.45 ás 01.30 horas de onte, os dous vehículos que escoltaron as unidades municipais realizaron as rutas establecidas por Medio Ambiente, ampliaron os percorridos e pasaron tamén pola zona do Porto, A Mariña, Pérez Ardá e a vía de acceso a Lonzas

Catro patrullas da Policía Local colaboraron onte entre as
20.45 e as 01.30 horas con dous camións da Demarcación de Estradas do Ministerio de
Fomento na desinfección de varias vías, enmarcadas dentro das trece rutas que deseñou a
Concellería de Medio Ambiente.
Unha vez que se finalizaron os itinerarios previstos e como aínda quedaba líquido na carga
dos vehículos, estes pasaron tamén pola zona peonil da avenida da Mariña, desde Porta
Real ao centro comercial Cantones Village; por Alcalde Manuel Casás, a avenida
Ferrocarril, entre a estación de San Cristovo e a avenida de San Cristovo; Médico Devesa
Núñez, en Lonzas (vía de acceso á Garda Civil, Cruz Vermella e Policía Nacional); Pérez
Ardá en ambos os sentidos e o tramo que transcorre entre a Casa do Mar e o acceso ao
Porto.