O corpo realizou 94 compras de alimentos e fixo até 433 entregas de material de prevención nun período de confinamento en que chegaron ás 2.559 actuacións de cara a lle facilitar a vida á veciñanza que non pode saír da casa
As voluntarias e voluntarios do corpo de Protección
Civil repartiron 2.015 menús desde que se decretou o estado de alarma até a
semana pasada, unha tarefa que se intensificou especialmente nos últimos días en
que chegaron a distribuíren 455 menús ente as xornadas do 6 e do 7 de abril e 409,
os días 8 e 9.
Ademais, fixeron 94 compras de alimentos a particulares e levaron material de
protección a outras/os 433 nun período en que asumiron outros labores como o de
animar a rapazada que está de aniversario, acudindo á súa rúa a cantarlles os
parabéns. As e os efectivos déronlles sorpresas a 17 nenas e nenos da cidade
desde que comezaron o 3 de abril.
En total, sumaron un total de 2.559 actuacións nestas semanas de confinamento
nos fogares. Canto ás persoas cooperantes, déronse períodos en que colaboraron
até 70 operarias/os de Protección Civil pero tamén contaron a maiores con persoas
inscritas no equipo de voluntariado no concello, co fin de cubrir as necesidades
básicas da veciñanza e, en todo, caso, rexistrouse unha media de máis de 50
Nota de Prensa
cooperantes a pé de rúa co obxectivo de lles facilitar a vida ás persoas que por
seren dependentes ou teren a súa mobilidade reducida, non poden saír da casa.