Hoxe, na Xunta de Voceiros, trasladóuselles aos grupos da Corporación a contía que ten que ir destinada, segundo o estipula a lexislación, a aboar as sentenzas xudiciais, que lle suporán ao concello un pago de xuros anuais dun 3%, unha “sangría económica”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o voceiro do
Goberno local, José Manuel Lage, trasladáronlles aos grupos da Corporación, na
Xunta de Voceiros, a conta da liquidación do ano 2019. Segundo explicou Lage
Tuñas, o remanente do concello ascende a máis de 14,5 millóns de euros que terán
que seren destinados, por obriga legal, a pagar as sentenzas xudiciais firmes e as
facturas pendentes de exercicios anteriores.
Neste senso, é importante destacar que as sentenzas xudiciais lle estaban a supor
ao concello un pago de xuros anuais dun 3%, “unha sangría económica ano a ano”,
segundo o voceiro do grupo de goberno.
Lage lembra que no pasado mes de novembro o concello buscou unha solución
para non cargar as sentenzas nos orzamentos municipais e o Ministerio de Facenda
autorizou a incorporación destas como obrigas recoñecidas de pago na conta 413.
Nota de Prensa
Desde xeito, tanto o superávit municipal como o remanente líquido de tesourería
teñen que se destinaren, case na súa totalidade, a saldar estas obrigas.
Exactamente o concello tivo un remanente de tesourería en 2019 de 14.581.686,93
euros e un superávit de 3.662.503,48 euros. E, a conta 413, de obrigas recoñecidas,
ascendía a 15.916.125 euros. Lage lembra que até o 6 de abril saldáronse
1.335.604 euros desta conta de obrigas recoñecidas.
COMISION DE FACENDA
Pola súa banda, Inés Rey, sinala que o Goberno local está estudando unha serie de
medidas para facer fronte aos efectos socioeconómicos derivados da crise sanitaria
pola pandemia do coronavirus COVID-19. Asegura que a Comisión de Facenda
estudará a reorientación do orzamento municipal e destaca a boa disposición de
todos os grupos para atoparen un “mínimo denominador común de propostas”
Co fin de poñer en marcha estas medidas o concello está estudando o impacto
económico da crise nas arcas públicas para dirixir os recursos existentes a cumprir
cos obxectivos sinalados que son protexer as e os máis vulnerables e dinamizar ao
máximo a economía local. “Temos que atopar entre todas as forzas un consenso
nas medidas que se vaian adoptar para reorientar o orzamento, e acadaremos unha
proposta común co maior grao de acordo posible”.