Friday 22 de November de 2024

O concello pon en marcha a campaña “Ninguén atrás” para cubrir as necesidades educativas das e dos escolares con dificultades de acceso aos recursos dixitais


O número de teléfono 981 184 294 está a disposición das familias para que trasladen as súas demandas en materia educativa

O vindeiro martes as familias con fillas ou fillos que
cursen calquera das etapas da ensino escolar poderán chamar ao 981 184 294 para
lle trasladaren ao concello as súas dificultades e poderen acceder ao material
didáctico e aos recursos dixitais.

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que o Goberno local “non vai deixar a ninguén atrás
ante esta situación e poñerei todos os medios ao meu alcance para dotar de
recursos escolares a todo o alumnado que o necesite e mesmo material informático
para a rapazada máis desfavorecida”. Para dotalos deste tipo de material dixital, o
concello deberá contar cun informe pertinente do departamento de Servizos Sociais
que acredite a situación de vulnerabilidade das persoas demandantes.
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Benestar Social e de Educación e
coa colaboración do voluntariado que está a prestar axuda en diversas actuacións
durante esta crise sanitaria pretende distribuír coa campaña “Ninguén atrás”, e na
medida do posible, as leccións da casa ou diverso material didáctico, entre as
pequenas e pequenos que non dispoñen de Internet e que até o de agora non

Nota de Prensa

puideron facer as súas tarefas, ou as realizaron con dificultades, durante o
confinamento.

O programa está dirixido a todas e todos aqueles estudantes de calquera dos ciclos
escolares que carecen de recursos dixitais para accederen aos seus materiais
formativos.

Desde a Concellería de Educación solicitaranlles aos cadros directivos dos colexios
que lles faciliten os datos para que as/os traballadores do CMIX, que atenderán as
chamadas, poidan coordinar os materiais/recursos e repartilos nos seus domicilios.
Desta maneira, este programa nace da coordinación das dúas concellerías co fin de
solucionaren un problema que afecta a moitas/os escolares da cidade que “non
poden quedar atrás por non teren recursos dixitais nos seus domicilios”.
O concello non permitirá que as e os escolares coruñeses, especialmente as/os das
familias sen recursos, non continúen coa súa aprendizaxe nuns momentos tan
complicados coma estes pola súa situación socioeconómica. O concello coñece a
preocupación das e dos directores e profesorado da cidade por este tipo de casos
en que a falta de medios provoca que o alumnado non poida realizar as súas tarefas
ou proseguir cos seus estudos.