Melchor, Gaspar e Baltarasar regresan a Riveira o vindeiro luns no marco da programación navideña municipal
Os Reis Magos de Oriente chegarán por mar ao recheo portuario en torno ás 17.30 horas e, acto seguido, percorrerán boa parte da cidade (Malecón, rúa Galicia, Romero Ortiz, Malecón, Nove de Agosto e Rosalía de Castro) na tradicional cabalgata para saudar aos nenos e maiores congregados nas rúas e prazas de Santa Uxía e repartir 1.500 quilos de caramelos.
As súas maxestadas estarán acompañadas por unha comitiva formada por 10 carrozas (máis que en ningunha outra edición), o expreso de oriente (un tren infantil con dous vagóns), catro charangas e unha banda de música, ademais dos 250 nenos e nenas que participarán no desfile vestidos de paxes, moras, árbores de Nadal, estrelas, pastores, etc… Este ano a temática predominante na decoración das carrozas é a música, coas mesmas engalanadas de lira, guitarra, trombón, director de orquesta, violín ou partitura, entre outras.
Ademais haberá persoal de apoio formado por unhas 150 persoas: oito monitores por carroza (seis subidos e dous a pé), oito no tren, 15 monitores de reparto de caramelos, ademais de persoal de Cultura, GAEM, policía, etc…
Sorteo de regalos
Está previsto que en torno ás 19 horas cheguen ao Concello, onde serán recibidos polo alcalde e ofrecerán un discurso dende o balcón consistorial, ademais de sortear tres superregalos entre as 2.000 rifas distribuídas nestes últimos días polo Carteiro Real.