Friday 22 de November de 2024

A Xunta realizou 52 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde na comarca de Ferrolterra


Desinfectan as áreas rurais máis concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio todos os días da semana
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronaviros, 52 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en 11 municipios da comarca de Ferrolterra, menores de 5.000 habitantes.

Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 12 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 40 centros de saúde de 11 concellos do rural da comarca dende o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio. No ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 344 actuacións en 45 concellos.

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar as desinfeccións. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.

En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

DATA CONCELLO CENTRO
23-24/03 Cabanas de Eume Residencia de maiores de Laraxe.
25-26/03 Moeche Residencia O Casón.
25-26/03 Moeche Centro de Saúde de Moeche
25-26/03 San Sadurniño Residencia Súa Casa.
25-26/03 Cariño Centro de Saúde de Cariño
25-26/03 Capela Centro de Saúde da Capela
25-26/03 Vilarmaior Centro de Saúde de Vilarmaior
27-28-29/03 Cerdido Centro de Saúde de Cerdido.
27-28-29/03 Mañón Centro de Saúde do Barqueiro.
27-28-29/03 Mañón Consultorio de Grañas do Sor.
27-28-29/03 Mañón Consultorio de Campo de Mañón.
27-28-29/03 Monfero Centro de Saúde de Monfero.
27-28-29/03 San Sadurniño Centro de Saúde de San Sadurniño.
27-28-29/03 Somozas, As Centro de Saúde das Somozas.
27-28-29/03 Cabanas de Eume Residencia de maiores de Laraxe.
27-28-29/03 Cabanas de Eume Centro de Sáude de Cabañas.
30-31/03 San Sadurniño Centro de Saúde de San Sadurniño.
30-31/03 San Sadurniño Residencia Súa Casa.
30-31/03 Cariño Centro de Saúde de Cariño
30-31/03 Mañón Centro de Saúde do Barqueiro.
01-02/04 Capela Centro de Saúde da Capela
01-02/04 Monfero Centro de Saúde da Monfero
01-02/04 Vilarmaior Centro de Saúde de Vilarmaior
01-02/04 Cabanas de Eume Residencia de maiores de Laraxe.
01-02/04 Cabanas de Eume Centro de Sáude de Cabañas.
03-04-05/04 San Sadurniño Centro de Saúde de San Sadurniño.
03-04-05/04 San Sadurniño Residencia Súa Casa.
03-04-05/04 Moeche Residencia O Casón.
03-04-05/04 Moeche Centro de Saúde de Moeche.
03-04-05/04 Cariño Centro de Saúde de Cariño
03-04-05/04 Mañón Centro de Saúde do Barqueiro.
06-07/04 Capela Centro de Saúde da Capela
06-07/04 Monfero Centro de Saúde da Monfero
06-07/04 Cerdido Centro de Saúde de Cerdido.
06-07/04 Somozas, As Centro de Saúde das Somozas.
06-07/04 Vilarmaior Centro de Saúde de Vilarmaior
06-07/04 Cabanas de Eume Residencia de maiores de Laraxe.
06-07/04 Cabanas de Eume Centro de Sáude de Cabañas.
08/04 Moeche Residencia O Casón. .
08/04 Moeche Centro de Saúde de Moeche.
08/04 Cariño Centro de Saúde de Cariño
08/04 Mañón Centro de Saúde do Barqueiro.
08/04 Mañón Consultorio Grañas do Sor.
09/04 Capela Centro de Saúde da Capela
09/04 Monfero Centro de Saúde da Monfero
09/04 Cerdido Centro de Saúde de Cerdido.
09/04 Somozas, As Centro de Saúde das Somozas.
09/04 Vilarmaior Centro de Saúde de Vilarmaior
10/04 Cabanas de Eume Residencia de maiores de Laraxe.
10/04 Cabanas de Eume Centro de Sáude de Cabañas.
10/04 San Sadurniño Centro de Saúde de San Sadurniño.
10/04 San Sadurniño Residencia Súa Casa.
TOTAL 52 ACTUACIÓNS EN RESIDENCIAS / CENTROS