Friday 22 de November de 2024

A Cabalgata contará cun dispositivo especial de seguridade e tráfico no que participarán 150 efectivos


Os Reis Magos chegarán ás 17.30 horas ao campo de fútbol Víctor Fernández Alonso e o desfile comezará ás 18.00 horas na avenidaSalvador de Madariaga

O Concello da Coruña informa de que, con motivo da Cabalgata de Reis, poñerá en marcha un Dispositivo Especial de Seguridade e de Tráfico no que traballarán ao redor de 150 efectivos, de forma coordinada pola área de Seguridade e Mobilidade, da Policía Local, Protección Civil e do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, así como do Corpo Nacional de Policía e a Cruz Vermella.
O departamento que dirixe Julio Flores fai un chamamento á colaboración dos cidadáns e recomenda que ese día utilicen o transporte público ou se acheguen camiñando aos diferentes puntos de percorrido da cabalgata, co obxectivo de evitar atoamentos. Os traballos da Policía Local iniciaranse os días anteriores coa sinalización de zonas de afección e restrición de aparcadoiros e, o luns pola mañá, realizarase o acompañamento das carrozas para o seu traslado á zona de inicio de traxecto.
Ademais do dispositivo de Seguridade e Tráfico, a Cabalgata contará cun total de 154 monitores que se distribuirán do seguinte xeito: 2 en cada carroza, 3 nos laterais destas, 4 diante cos figurantes do séquito a pé e 4 en cada tren.

Percorrido e vías cortadas ao tráfico
Ás 17.30 horas, as súas Maxestades os Reis Magos chagarán ao campo de fútbol Víctor Fernández Alonso en coches clásicos. O percorrido da comitiva, que comezará ás 18.00 horas, será o seguinte: Avenida Salvador de Madariaga – Avenida Pérez Ardá – Avida Fernández Latorre – Catro Camiños – custa da Palloza – Avenida de Primo de Rivera – Avida de Liñares Rivas – Praza deOurense – Sánchez Bregua – Cantóns – Avida da Mariña – Avenida de Montoto – Praza de María Pita.
Dende as 12.00 horas, os dous carrís de circulación de Salvador de Madariaga en sentido Pérez Ardá cortaranse ao tráfico para situar as carrozas e a circulación desviarase pola rolda de Camilo José Cela. O corte será total, en Salvador de Madariaga, dende a glorieta do Mercado ata a Rolda de Camilo José Cela, a partir das 17.30 horas. A duración prevista é de tres horas e a cabalgata discorrerá no sentido da marcha ata a Costa da Palloza. Dende Primo de Rivera tomarán o sentido contrario que non abandonarán ata a avenida de Montoto e Porta Real, onde se ocuparán os dous sentidos de circulación. O tráfico abrirase progresivamente segundo o público vaia deixando libre a calzada.
O Concello habilitou as seguintes vías alternativas de entrada e saída da cidade:
– Saídas da cidade dende a zona de Monte Alto: Paseo Marítimo cara a Rolda de Outeiro e Terceira Rolda ou por Praza dePontevedra e Juan Flórez.
– Entradas á cidade. Por Federico Tapia, polas Roldas e avenidaFinisterre.
Por outra parte, produciranse dous cambios de parada de taxi: a de Cantones pasará a Rúa Nueva e a de rúa Santiago pasará á plazuela de Los Ángeles. As demais paradas afectadas polo percorrido quedarán inutilizadas ao paso da Cabalgata.