Friday 22 de November de 2024

Muxía cumpre cos parámetros da regra de gasto e a normativa de estabilidade orzamentaria por primeira vez en anos


A administración alcanza un remanente de máis de 3.000.000 euros despois de varios anos, que poderá adicar a gastos xerais e investimentos.
O Concello de Muxía dispón de máis de tres millóns de euros
de remanente pola súa xestión económica, o que lle vai poder permitir dispoñer de
parte desta cantidade para financiar gastos xerais e investimentos ao longo de 2020
e 2021. A situación financeira do Concello é positiva, dato que se obtén da
liquidación do orzamento do ano 2019, que contempla un balance de 1.270.526,17
euros.
Así, non se terá que redactar un Plan Económico Financieiro o vindeiro exercicio, e
poderase empregar parte do remanente para impulsar políticas públicas en favor da
veciñanza muxiá, ademais de afrontar con maior garantías a crise sanitaria
provocada polo COVID-19.
Os datos reflicten a boa xestión económica realizada do actual equipo de goberno
que ademáis logra que o Concello, despois de anos sin podelo facer, cumpla de
novo coas normativas en canto a regra de gasto e a de estabilidade orzamentaria,
dentro do plan económico financiero municipal vixente para 2019-2020.
O cumprimento desta situación é unha nova máis que positiva para a
administración muxiá, xa que permitirá aliviar a situación económica provocada pola
crise sanitaria da COVID-19 e axudar aos sectores máis desfavorecidos ante o
futuro. “Estes datos fan abordar o futuro económico do Concello con certa
seguridade ante a incertidume e o impacto negativo na economía xerado pola crise
da COVID-19”, según indicou o alcalde, Iago Toba.
Iago Toba amósase tremendamente satisfeito “polo traballo realizado desde que
entramos no goberno. Estamos aquí froito do compromiso de moitas e moitos
cidadáns de Muxía, e un balance como este amosa que estamos do lado da
veciñanza e polo camino correcto. Esta nova situación económica, coa que non
contabamos desde hai varios anos, vai permitir ao Concello unha óptima xestión
tanto desta crise que vivimos como do futuro, algo do que tamén hai que
preocuparse”, apuntaba o rexedor.