Friday 22 de November de 2024

O Consorcio de Turismo lanza a campaña “Miña Coruña” para animar a cidadanía a superar unida os malos momentos


 

A iniciativa trata de alentar as e os veciños co vídeo “Somos un faro”, en que reforza a importancia de afrontarmos xuntos esta crise sanitaria, á vez que recorda que falta menos para desfrutar da cidade e dos seus recursos

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, no
seu labor de promover a cidade como destino turístico, lanza unha nova campaña
titulada ‘Miña Coruña’ para animar a cidadanía a unirse de cara a superar os
momentos duros en que todas e todos nos atopamos.

A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar
mellor este período de confinamento e nela o concello agradece o traballo e a
solidariedade dos colectivos profesionais e da veciñanza en xeral pero, ao mesmo
tempo, recorda que falta menos para desfrutarmos da nosa cidade e das súas
riquezas.
O vídeo, que se pode en ver https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12
segundos e busca enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de
Hércules como eixe central. “Coa luz da vosa solidariedade, a luz da vosa empatía,
a luz da responsabilidade e da esperanza; unha luz que guiará a xeracións
sinalando o futuro en futuras tormentas”, di o texto da produción audiovisual.