O obxectivo é intentar paliar os danos económicos xerados pola COVID-19 na hostalaría, comercio, mar, etc
Hoxe, xoves 9 de abril, tivo lugar outra comisión de seguimento da
evolución do Coronavirus en Camariñas. No encontro telemático
acordouse iniciar as xestións para crear unha liña de axudas
económicas dirixidas aos sectores máis afectados pola crise sanitaria
que estamos a vivir.
O obxectivo destas subvencións, que se concretarán e regularán
proximamente, será o de axudar a paliar os danos económicos
xerados pola COVID-19 en sectores como a hostalaría, comercio,
mar, etc.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou hoxe en que “estamos
traballando día a día e sen descanso para conter a expansión do
Coronavirus pero tamén temos que pensar no futuros” e incidiu en
que “non vamos a deixar que nin as nosas xentes nin as nosas
empresas se queden atrás, queremos axudalos a que cando pase
esta crise poidan saír adiante e continuar coa súa vida tal e como o
viñan facendo”.
Outros temas
A comisión tamén serviu para notificar que, a petición do CHUAC, se
enviaron ao complexo hospitalario unha mostra das 15.000 máscaras
fabricadas polas voluntarias de Camariñas para que revise a súa
eficacia.
Desde o goberno local informouse de que o reparto de máscaras feito
por Correos casa por casa xa rematou e que, se algún veciño ou
veciña non o recibiu, se poña en contacto co Concello para que se
articule a entrega. Ademais, estase a valorar a creación de máscaras
especiais para os nenos e nenas do municipio.
Por outra banda, informouse como sempre das actuacións das forzas
de seguridade, que desde o comezo do Estado de Alarma xa se viron
obrigados a tramitar 8 denuncias pero aínda non se levou a cabo
ningunha detención.
Os operarios municipais seguen traballando diariamente nas labores
de desinfección de espazos e mobiliario público, reforzados polo
persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos,
pavillóns, mercado e cemiterio e que tamén está a desinfectar e
limpar os coches municipais (camión do lixo, policía, protección civil,
etc.) e o almacén.
Constatouse que o servizo de atención telefónica ‘Non estades sós’
habilitado polo Concello segue funcionando para realizar funcións de
acompañamento ou de compra de produtos de primeira necesidade a
quen o requira. Polo momento, hai 6 usuarios aos que se lle fai a
compra e vai á farmacia.