Friday 22 de November de 2024

Benestar Social colabora con varias superficies comerciais nunha campaña de doazón de alimentos


 

Os víveres doados nesta iniciativa que promove a concellería son destinados á Cociña Económica, Cáritas e o Banco de Alimentos Rías Altas

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e
Participación, en colaboración con Vegalsa, El Corte Inglés e Gadisa, inicia unha
campaña de recollida de alimentos a favor da Cociña Económica, Cáritas e o Banco
de Alimentos Rías Altas, que se prolongará ata o 20 de abril.
As persoas interesadas en colaborar doando alimentos para este fin terán á súa
disposición nestas superficies comerciais do termo municipal carros para poder
realizar as súas doazóns, que posteriormente serán recollidas polas diferentes
entidades.

A recollida de alimentos en El Corte Inglés xa comezou a pasada fin de semana, e
Vegalsa iniciouna o pasado luns día 6 de abril en 14 tendas Eroski Center e Familia.
Pola súa banda, Gadis comezará a campaña de recadación o vindeiro martes día 14
nos 33 supermercados que a empresa galega ten na cidade.
Esta campaña súmase ás numerosas iniciativas que a Concellería de Benestar
Social está a liderar e desenvolver durante a crise do coronavirus para axudar e
protexer os colectivos máis vulnerables da cidade. As tres cadeas de supermercados colaboraron coa concellería en diferentes iniciativas durante esta
crise.