O Alcalde de Malpica esixe sensibilidade coa problemática da frota do cerco á Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria
teñen que descoñecer a realidade do traballo dos homes do mar, se a
coñecesen non se atreverían, a non recoñecer, a existencia de causa de
forza maior temporal, para proceder a autorizar os ERTEs solicitados.
Walter Pardo Añón solicita a mediación da Consellería do Mar ante a
Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Nos últimos días os barcos malpicáns que solicitaron ERTEs (Expedientes de
Regulación Temporal de Emprego) por causa de forza maior, motivados na emerxencia
sanitaria do COVID-19, están a recibir as comunicacións da Xefatura Territorial de A
Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria denegando as súas solicitudes
e deixando desamparados aos mariñeiros da flota malpicá.
A frota malpicá, no estado de alerta está considerada como unha actividade esencial e os
barcos malpicáns poderían saír a faenar, no obstante, tamén deben cumprir coas
medidas sanitarias e de seguridade para os buques pesqueiros aprobadas polo Ministerio
de Agricultura, Pesca e Alimentación con motivo da alerta sanitaria polo COVID-19.
Na frota de baixura en Malpica, a maioría das embarcacións teñen 9 ou máis
traballadores e non superan os 20 metros de eslora, e tanto polas dimensións, como
pola estrutura e distribución dos espazo nos barcos, e o tipo de traballo que se realiza é
imposible na práctica manter unha distancia mínima de separación de 1,5 metros.
Como tampouco é posible que non estean máis de 5 persoas en espazos comúns.
Avda. Emilio González López, 1
15113 MALPICA DE BERGANTIÑOS
Teléfs. 981 72 03 18 – 981 72 03 19 – 981 72 00 01
Fax 981 72 16 27
E-mail: correo@malpica.dicoruna.es
RELGA. MU – 2000/175 CIF: P-1504400A
Documento asinado electrónicamente, pódese validar a sinatura co código indicado na marxe no
https://sede.malpicadebergantinos.es) (Código de verificación garante, mediante o cotexo na sede electrónica municipal, a
integridade do documento( artigo 18.1 b) da Lei 11/2007 de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos)
Noutro orde, os mariñeiros tamén están obrigados a traballar dotados de EPIs,
especialmente, guantes e máscaras de cara, equipamentos na súa maioría imposibles
de conseguir dado a situación de desabastecemento destes produtos. Aínda que esta
situación dos mercados se puidera arranxar nas vindeiras semanas, todos estes produtos
perden eficacia ao estar húmidos, situación inevitable nas condicións de traballo da frota
malpicá.
Por último, os mariñeiros da nosa frota tamén están obrigados a cumprir coas
limitacións á mobilidade decretadas no marco do estado de alerta. Tendo en conta
que na maioría das ocasións, os nosos barcos, saen a pescar dun porto e desembarcan
nun punto distinto da costa e as súas tripulacións igualan ou superan os 9 mariñeiros,
resultan necesarios traslados que nas actuais condicións tampouco se poden realizar
posto que nas furgonetas das empresas apenas podería viaxar o 50% da tripulación.
A opción de contratar servizos de transporte extra tampouco resulta viable
economicamente. Menos aínda, nestes tempos, nos que o peixe fresco ten sufrido un
importante descenso da demanda e de prezo, motivada polo peche de establecementos
de hostalaría e restauración a raíz da emerxencia sanitaria.
“Os responsables desta decisión na Consellería de Economía, Emprego e Industria teñen
que descoñecer a realidade do traballo dos homes do mar, se a coñecesen, non se
atreverían, a non recoñecer, a existencia de causa de forza maior temporal, para
proceder a autorizar os ERTEs solicitados, incluso facendo caso omiso dos informes
técnicos de entidades solventes sobre o perigo do traballo nestas condicións tanto para
os mariñeiros, como para as súas familias e os potenciais consumidores”.
O Alcalde de Malpica esixe sensibilidade coa problemática da frota do cerco á
Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Nese senso, Walter Pardo Añón, solicita a mediación da Consellería do Mar ante a
Consellería de Economía, Emprego e Industria para arranxar este desatino.
Os traballadores do mar, non deben, nin poden, quedar desamparados nesta situación de
crise sanitaria. A autorización dos ERTEs é a única solución que permite garantir a
saúde e dar viabilidade económica á frota malpicá.