Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño redactará un manual básico de uso de máscaras para evitar contagios


Ante a gran iniciativa veciñal da confección deste material con teas de casa, desde o Concello decidiuse engadir esta serie de recomendacións, e insístese en que o uso das mesmas non exime da necesidade de manter a distancia de seguridade e o lavado xornal de mans.

O Concello de Miño redactará un manual básico de uso de máscaras para evitar contagios. #Ante a gran
iniciativa da confección deste material con teas de casa, desde o Concello decidiuse engadir esta serie
de recomendacións, e insístese en que o uso das mesmas non exime da necesidade de manter
a distancia de seguridade e o lavado xornal de mans.
En primeiro lugar, antes de colocar a máscara, é necesario lavarse as mans cun xel de base
hidroalcohólica ou con auga e xabón. Hai que colocar a máscara por baixo do queixo e comprobar que
non queden espazos libres. É importante evitar tocar a máscara mentres se use. Unha vez colocada, hai
que comprobar que o axuste é correcto para evitar fugas de aire.
Para sacala, destacamos que é importante cambiala cando estea húmida e non reutilizar aquelas de
un só uso. Para quitarlla hai que ir aos lados e non ao centro, e lavarse as mans despois de quitar a
máscara
Con todo isto, non hai que esquecer que a eficacia é relativa; os especialistas advirten de que as
máscaras caseiras son unha solución de último recurso, e que só teñen algo de eficacia se se cumpren a machada
as medidas de distanciamento social.
Desde o Concello de Miño advirten que “o uso de máscara non exime do cumprimento de normas
básicas durante o estado de alarma como son o mantemento da distancia de seguridade ou o lavado
xornal de mans. “