O Concello de Touro habilita o teléfono 650.568.907 para emerxencias sociais durante os días festivos de Semana Santa
Empresas de Touro, como TEN, Construcciones Francisco Gómez e Xesulín; e tamén particulares por iniciativa propia están entregando nos últimos días Equipos de Protección Individual (EPI) e material para combater o COVID19, como traxes de protección, máscaras de protección facial, mascarillas, luvas, lentes protectoras e calzas.
As entregas fanse ao Concello de Touro, que emprega o material para a protección dos traballadores que fan as tarefas de limpeza de diferentes espazos públicos e recollida de lixo; para a Residencia de Maiores Os Tercios, que utiliza as doazóns de material para os seu persoal e para os residentes; e para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), que reciben o material a través do propio Concello. Varios particulares, veciños e veciñas do Concello, doaron mascarillas confeccionadas nas súas propias casas e por iniciativa propia. Pola súa banda, empresas como Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN), Construcciones Francisco Gómez e Xesulín, as tres ubicadas no Concello de Touro, fixeron varias entregas de material como monos, traxes e máscaras de protección, lentes, calzas, gorros e diversos productos para hixienizar e desinfectar. Tamén fixeron doación de material empresas da contorna como Toldos Gómez, de Arzúa, e Ortopedia Ortosaúde, de Melide.
O Concello de Touro, asimesmo, recibiu varias entregas de material de protección da Xunta de Galicia (mascarillas, gafas, luvas e monos) e productos para a desinfección e limpeza (xel hidroalcóholico e lexía), que tamén utiliza para o persoal municipal e para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio. Ademáis, a administración local, que lidera o alcalde Ignacio Codesido, comprou nas últimas semanas material para a protección na loita contra o COVID19 como traxes e máscaras completas de protección, luvas e mascarillas, que son utilizados polos traballadores do Concello nas tareas de limpieza e desinfección e polas traballadoras do SAD, así como hidroxeles e elementos para a desinfección como hipoclorito de sodio e outros productos.
O Concello de Touro lanza unha menxase de agradecemento aos médicos e personal sanitario do Centro de Saúde, ás traballadoras do SAD, aos traballadores sociais, ao personal do Concello e a todos os que fan que os servicios esenciais continúen funcionando e a disposición da poboación de Touro.
O alcalde Touro agradece tamén a colaboración desinteresada e a axuda da poboación do Concello de Touro. Ata o de agora, o Concello de Touro ten constancia de dous casos de coronavirus. Unha das persoas afectadas está ingresada no CHUS de Santiago de Compostela. A outra persoa infectada está na súa casa aislada e controlada en todo momento polos servicios sanitarios postos en marcha pola Sergas para facer os seguimientos da evolución dos enfermos do Covid19.
“A axuda dos veciños e veciñas, a súa colaboración, está sendo exemplar”, manifestou Ignacio Codesido, quen quere lanzar unha mensaxe de confianza e agradecemento. O alcalde pide tamén que non se alenten nin divulguen mensaxes de alarma ou novas non contrastadas que poidan xerar inquedanzas entre os veciños e veciñas. “Non é bo comentar nin anunciar rumores ou bulos dos que non se teña certeza, dos que non se está seguro de que correspondan coa realidade”, engade Ignacio Codesido.
Teléfono para os festivos de Semana Santa
O Concello de Touro está pendente dos seus maiores e da poboación máis vulnerable. Desde que se decretou o estado de alarma, a Administración local contactou con todos os maiores a través do Departamento de Servizos Socias, do propio alcalde e dos concelleiros e alcaldes de barrio para coñecer as situación particular e as posibles necesidades. O Concello tratou e trata en todo momento de dar unha atención preferente aos veciños e veciñas que o poidan precisar.
Ante a chegada dos días festivos de Semana Santa, o Concello de Touro habilitou o teléfono 650.568.907 para atender as emerxencias sociais que poideran xurdir nos próximos días. O Concello dará así cobertura ás necesidades máis urxentes como alimentos, medicamentos ou atención social inmediata relacionadas coa situación de pandemia provocada polo COVID19. O horario de atención deste teléfono: de 09.00 a 13.00 horas.
Por outra banda, o Concello de Touro continúa coas labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos. A diario a brigada de mantemento municipal limpa e desinfecta as zonas máis frencuentadas así como o centro de saúde e os arredores das farmacias, estanco, supermercados, oficinas bancarias, carnicerías e panaderías. Tamén presta especial atención nestas tarefas aos contedores de Fonte Díaz.
Unha brigada de Medio Rural tambén acude cada dous ou tres días a Touro para proceder á desinfección e limpeza dos arredores do centro de saúde e da Residencia de Maiores.
O Concello de Touro anuncia que nos próximos días percorrerá os diferentes núcleos de poboación das 19 parroquias para proceder á limpeza e desinfección dos contenedores. O alcalde de Touro agradece a colaboración veciñal para depositar o lixo de forma correcta e no colector correspondente para manter limpo o concello e axudar ao persoal do servizo de recollida. O rexedor reitera a necesidade de deixar abertas as tapas dos contedores para evitar posibles contaxios de coronavirus tanto da poboación como dos traballadores municipais.