Friday 22 de November de 2024

A repartición dos menús das Bolsas Comedor continúa durante toda a Semana Santa


 

A Concellería de Benestar Social reparte 576 comidas diarias neste programa municipal que, por mor da crise do coronavirus, non se pausará durante esta semana como era habitual

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación,
anuncia que a reparticion dos menús das Bolsas Comedor seguirase a realizar na cidade
durante toda a Semana Santa. De non estarmos nun estado de alarma a consecuencia do
coronavirus, este programa pausaríase durante as vacacions dos nenos e nenas. Deste
xeito, a concellería informa que desde onte estanse a repartir as comidas habituais ás
familias da crianzas que teñen opción a este tipo de bolsa municipal.
A repartición sufrirá unha pequena modificación xa que, pese a continuar nos colexios
Raquel Caamacho, Víctor López Seoane, María Pita, Salgado Torres e Fogar de Santa
Margarida, cancélase o servizo na Grande Obra de Atocha ata o vindeiro martes 14 de abril,
día no que se volverá por en marcha. Nese período de tempo, as persoas que recollían os
menús no colexio Grande Obra de Atocha deberán facelo no centro educativo Víctor López
Seoane.
A Concellería de Benestar Social tamén sinala que, actualmente, estanse a repartir 576
menús diarios co programa municipal das Bolsas Comedor.