Friday 22 de November de 2024

O Alcalde de Padrón e todos os concelleiros doarán o 30% do seu salario para axudar as familias con menos recursos


 

O equipo de goberno local contribuirá e impulsará a labor de Servizo Sociais durante o mes de abril a través desta aportación

O Alcalde de Padrón e todos os concelleiros do equipo de Goberno local
darán o 30 por cento da súa nómina correspondente ao mes de abril ao departamento de
Servizos Sociais do Concello para, deste xeito, axudar ás familias con menos recursos da vila de
Padrón na loita contra o virus COVID-19.
O alcalde explicou que “o obxectivo é incrementar a partida destinada a Servizos Sociais nun
momento determinante, no que máis que nunca a cidadanía precisa a axuda das institucións”.
Asimesmo, o rexedor destacou que tamén “é importante solidarizarse con todas aquelas persoas
que perderon os seus ingresos, e coas empresas e cidadáns que están facendo doazóns”. A súa
contribución será do 30% de cada un dos seus soldos, e detraerase da nómina do mes de abril.
Tratase dunha medida temporal no marco dunha situación de emerxencia sanitaria derivada da
propagación do coronavirus.
Dende o departamento de Servizos Sociais sinalan que o número de incidencias e emerxencias
que deben atender na actualidade aumentou en máis dun 50% dende que se decretou o estado
de alarma, pois agora son máis as familias que teñen problemas para facer fronte aos gastos
habituais, como o pago do alquiler, a luz ou a auga, e tamén son máis as familias que demandan
axuda para a merca de alimentos. O equipo de Servizos Sociais explica que moitas son
necesidades moi urxentes, que requiren dunha resposta inmediata, polo que a partida económica
destinada a este departamento triplicou as súas necesidades. As facturas do mes de marzo
demostran un incremento de máis do 75% do importe que acaparaban as acción de emerxencia
social antes da crise provocada pola pandemia do Covid-19.
O executivo local, máis ala desta doazón, traballa de xeito incansable polo benestar e seguridade
da cidadanía de Padrón, e, en consecuencia, intenta manter un contacto directo coa poboación,
e organiza e coordina o traballo dos distintos organismos municipais na xestión desta crise
sanitaria.