A concellería achegou esta mañá 500 pantallas de proteccion e 300 traxes de bucios os traballadores e traballadoras do complexo hospitalario
A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade fixo
esta mañá unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do
Chuac. Desde o inicio do estado de emerxencia distintas empresas fixeron chegar á
concellería non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de actuacións que
axuden a paliar está pandemia, senón que tamén fixeron entrega de diferente material
destinado ao persoal traballador que está en primeira liña da loita contra o COVID19.
Seguindo ese xesto de compromiso e responsabilidade, esta mesma mañá un técnico da
Concellería de Medio Ambiente achegouse ao Chuac para facer entrega de 300 traxes de
bucios de diferentes tallas e de 500 pantallas de protección. Deste xeito, a concellería quixo
compartir a xenerosidade da que foi obxecto con aqueles profesionais que están en primeira
liña da fronte de batalla contra o virus.
Ademais, esta entrega fíxose seguindo o criterio que marcou a nosa alcaldesa, Inés Rey, á
hora de colaborar coas organizacións, profesionais, empresas e institucións que máis están
aportando en beneficio da seguridade e da saúde de todos os coruñeses e as coruñesas.
Ese mesmo criterio foi o que seguiu a concellería ao repartir entre as empresas
concesionarias dos servizos esenciais dependentes de Medio Ambiente as máscaras, luvas
e pantallas recibidos o pasado venres procedentes directamente de Alcaldía.