Friday 22 de November de 2024

Benestar Social resolve preto de 400 demandas de emerxencia social durante a primeira quincena do estado de alarma


 

O servizo realizou 2.400 asistencias entre os cinco puntos operativos de San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña
Os Equipos de Atención Social (EAS) da Concellería de
Benestar Social continúan atendendo estes días a cidadanía de forma telefónica. O servizo
resolveu, a través do 010, un total de 400 solicitudes de emerxencia social desde que se
decretou o estado de alarma e realizou 2.400 atencións entre os puntos en que están
operativos: San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña. As máis de 400 demandas
que recibiron foron por parte de novas persoas usuarias e tamén de habituais que
empregaron esta canle para contactaren co persoal. Canto ás axudas de emerxencia, no
proceso de tramitación contaron coas áreas de Intervención Municipal e Facenda, co fin de
lles axilizar a xestión.
Por outra banda, as e os coruñeses beneficiarios das axudas para alimentos por un prazo
de dous meses, terán unha prórroga dun mes máis. Neste aspecto, a concellería contactou
con VEGALSA para establecer un protocolo, de xeito que a veciñanza poida mercar a
comida cos vales municipais para unha persoa non titular.
Ademais, o concello concedeu 174 novas axudas económicas subvencionadas pola
concellería e derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados.