Hoxe tivo lugar outra reunión da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en #Camariñas. Entre outros temas, destacan:
– Desde a última comisión non se produciu ningunha denuncia nin detención, o que manteñen o saldo de denuncias en 6 e de detidos en 0 desde o inicio do Estado de Alarma.
– Os operarios municipais seguen a traballar na desinfección dos espazos e do mobiliario público.
– Rematou a desinfección das vías públicas de Camelle.
– Hai 6 usuarios de Servizos Sociais aos que se lles fai a compra.
– Protección Civil fixo unha entrega de alimentos de emerxencia de Cruz Vermella.
– Correos xa comezou o reparto casa por pasa das #máscaras feitas polas persoas voluntarias.
– A alcaldesa, Sandra Insua, continúa en contacto cos médicos de cabeceira para poder levar a cabo as actuacións de control e aplicar as medidas de hixiene necesarias segundo o número de contaxiados no municipio.
– Seguindo as recomendacións do Servizo de Control de Riscos Ambientais pecháronse todas as fontes de titularidade municipal que están na vía pública. Hai mananciais nos que é imposible o seu peche e, polo tanto, instaláronse carteis