O persoal educador e dinamizador dos centros cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta polas persoas voluntarias
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación
pon en marcha a canle de Youtube “Coruña Acompaña” para que a veciñanza poida seguir
en liña todas as actividades dos centros cívicos municipais. Esta programación está
destinada a público infantil, xuvenil e adulto. Ademais, hai diversas actividades que poden
ser desfrutadas por toda a familia ao seren interxeracionais
Para algunhas das actividades infantís é necesario descargarse e imprimir un material
específico. De xeito que, desde a concellería van imprimilo no concello e repartilo a través
do Dispositivo especial de voluntariado. O persoal educador e dinamizador dos centros
cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as
para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se
teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta
polas persoas voluntarias.
Doutra banda, activouse un servizo de SMS para comunicarlle a todas as persoas
rexistradas nas actividades que poden continuar a súa realización na canle de Youtube
Nota de Prensa
“Coruña Acompaña”. Ademais diso, chamouse por teléfono ás máis de 2.500 persoas
rexistradas neste programa para darlles a mesma información, co obxectivo de que todas as
persoas poidan desfrutar das actividades nas que están rexistradas.