Saturday 16 de November de 2024

O servizo de atención cidadá do 010 atendeu 22.515 chamadas desde a declaración do estado de alarma


 

O concello mellora o sistema de xestión dixital facilitándolle aos veciños o acceso a máis de 60 trámites a través da web municipal

O servizo de atención cidadá do 010 atendeu
22.515 chamadas de veciños desde a declaración do estado de alarma. O pasado
mes de marzo o 010 atendeu en total 35.356 chamadas de veciños, o que supón un
incremento de cerca de 4.100 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Só
nos tres primeiros días de abril suman outras 3.565 chamadas atendidas, a unha
media de máis de un milleiro por día.
Moitas das consultas realizadas polos cidadáns están directamente relacionadas
coa situación creada pola pandemia do coronavirus. Entre os temas sobre os que os
veciños solicitan información figuran os desprazamentos permitidos durante o
confinamento, preguntas sobre recursos de emerxencia social, talón restaurante,
solicitudes de menús para recoller vinculados ás becas comedor, consultas sobre os
estabelecementos que poden ou non abrir, o novo calendario fiscal, o dispositivo de
aloxamento de persoas sen fogar, doazón de mascarillas e material sanitario,
horarios do transporte público, cancelación de espectáculos e funcionamento da
zona ORA, ademáis de consultas sobre as medidas postas en marcha polo Goberno
central para facilitar os pagos de alugueres e hipotecas. “A atención cidadá nestes
días a través do 010 é vital para axudar á poboación a resolver dúbidas, informarse

Nota de Prensa

dos servizos dispostos polo Concello e atender posibles incidencias ou situacións de
vulnerabilidade”, indica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxima Interior, José
Manuel Lage Tuñas.
Para facer fronte a situación creada, a concellería movilizou a todos os traballadores
do 010, que mesmo prestan servizo os domingos e festivos. De luns a venres o
horario de atención vai das 08:00 horas ás 20:00 horas. Os sábados, domingos e
festivos aténdese desde a declaración do estado de alarma de 09:00 a 20:00 horas.
O teléfono tamén estará dispoñible durante os festivos da Semana Santa. O 010
atende todas as chamadas que recibe, pero desde a concellería aconsellan aos
cidadáns que precisen facer algunha consulta que accedan a ese servizo desde o
981 920 010 cando se comuniquen desde un teléfono móvil para evitar esperas. “O
persoal de atención cidadá e do 010 están facendo un gran traballo, afrontando
situación delicadas e de gran tensión”, di Lage Tuñas.
Ademais, o Concello está a informar sobre todas as actuacións municipais
vinculadas ao Covid-19 desde a súa páxina web, onde ten habilitada un apartado
específico para consultar todos os decretos, resolución e medidas tomadas desde a
entrada en vigor do estado de alarma. Entre o 16 e o 31 de marzo a web municipal
recibiu 211.131 visitas.

Por outra banda, a Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior realizou
melloras nos sistemas de acceso á web municipal para facilitar os trámites aos
cidadáns. Así, o Concello permite agora realizar máis de 60 trámites distintos con
sistemas de identificación alternativos ao certificado dixital. Ao longo do mes de
marzo cursáronse 1.544 solicitudes por vía telemática, fronte as 973 que se
contabilizaron no mesmo mes do ano 2018. O goberno local busca deste xeito
facilitarlle os trámites a todos os veciños nun momento especialmente complexo
pola situación de confinamento. “Estamos a facer todo o posible para facilitarlle as
cousas aos cidadáns nestes difíciles momentos”, indicou Lage Tuñas, quen
destacou o traballo que está a facer a área de Informática do Concello con ese

Nota de Prensa

obxectivo, coordinándose cos distintos servizos municipais para permitir o
teletraballo a centos de empregados e garantir así a continuidade da actividade
pública.
O Concello mantén a súa actividade fóra tamén dos servicios esenciais que presta
de modo presencial. Así, máis de 450 traballadores municipais conéctanse a diario
de xeito remoto á plataforma dixital do Concello da Coruña.