Esta racionalización das luces públicas púxose en marcha onte á noite e continuará gradualmente nos próximos días sen afectar á seguridade cidadá
O concello, a través da Concellería de Urbanismo,
Infraestruturas e Mobilidade, comezou onte á noite a racionalizar a iluminación
pública da cidade, co fin de manter esta redución durante o período de
confinamento da poboación. Esta racionalización das luces, que non afectará en
ningún momento á seguridade cidadá, seguirá a realizarse de maneira gradual nos
próximos días.
Onte á noite apagáronse as luces do groso da proposta de racionalización da área
de Infraestruturas, correspondente a estes emprazamentos: praza de María Pita,
contorna da Torre de Hércules, Parque Monte de San Pedro, Parque de Bens,
Xardíns de Méndez Núñez, Parque de Santa Margarida, Parque de Oza, prazas da
contorna de Catro Camiños, Parque de Vioño, Parque de San Diego, praza
Pontevedra, iluminación ornamental da Cidade Vella e da súa contorna, Rolda Real
Club Deportivo (terceira rolda), estrada Baños de Arteixo, Parque Ofimático, Paseo
Nota de Prensa
Marítimo (entre o dique de abrigo e As Lagoas / entre As Lagoas e Labañou / entre
Labañou e O Portiño) e o polígono da Grela.
As iluminacións ornamentais de zonas singurales da cidade tamén se apagarán, así
como as luces de viais, prazas, e instalacións deportivas, de forma selectiva
eliminando 1/3 ou 2/3 fases. Ademais, nas luminarias dotadas de telexestión punto a
punto tamén se axustarán os niveis de iluminación.
Desde Infraestruturas explican que esta é unha proposta inicial para a
racionalización da iluminación pública posto que, á hora de realizar os apagados
selectivos, o persoal operario en coordinación coa área de Seguridade Cidadá
evaluará o estado final das zonas, podendo decidir nese momento un reaxuste
sobre o planificado inicialmente.
Canto á mellora dos valores de contaminación lumínica na cidade debido á redución
das luces en espazos públicos poderán ser evaluados a partir das medicións dos
valores SQM da rede de sensores de Meteogalicia.