Friday 22 de November de 2024

Benestar Social desprégase nos asentamentos precarios da cidade para proporcionar material didáctico e concienciar sobre o Covid-19


 

O persoal técnico da concellería visitou os poboados chabolistas do Portiño, As Rañas e A Pasaxe para repartir material educativo entre as crianzas e impartir charlas sobre as medidas hixiénicas e o distanciamento social que cómpre ter moi en conta durante o confinamento

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación
estase a despregar desde hai días nos asentamentos precarios do Portiño, As Rañas e A
Pasaxe, co fin de concienciar as persoas que residen alí sobre a importancia do
confinamento e as medidas de hixiene e de distanciamento social que deben adoptar para
protexérense fronte ao contaxio do coronavirus. Estas visitas tamén teñen como obxectivo
achegarlles material didáctico ás nenas e nenos destes poboados con escasos recursos
para realizaren unha formación educativa telemática.
Estas accións son realizadas polo persoal técnico municipal da Concellería de Benestar
Social, acompañado de membros de Protección Civil e da Policía Local. Nestes
achegamentos aos ditos asentamentos precarios aínda existentes na nosa cidade, tamén
se lles proporcionan alimentos ás persoas que residen neles.
O pasado día 25 de marzo, o persoal dedicado a estas tarefas visitou o poboado da
Pasaxe. A visita ao Portiño realizouse o pasado luns e antonte volveuse visitar en compañía

Nota de Prensa

do Secretariado Xitano, entidade que se ofreceu desinteresadamente a acudir a este labor
para dar apoio. Onte visitouse o asentamento das Rañas, onde se repartiron alimentos e
fomentáronse as medidas de hixiene que se deben manter para que este sector da
poboación estea protexido do Covid-19.