Friday 22 de November de 2024

A Aula CeMIT de Ribeira dará cursos online gratuítos sobre recursos dixitais mentres non se poida retomar a actividade presencial


Dada a imposibilidade de impartir cursos gratuítos presenciais na Aula CeMIT de Ribeira debido ao Estado de Alarma, o servizo ofrecerá á veciñanza formación online mentres persista a situación a través da plataforma EMA.

Tres van ser os cursos que se van ofrecer: alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social. Para poder acceder a eles basta estar dado de alta como usuario na aula CeMIT (no caso de non estalo pódese facer cubrindo un formulario online en https://cemit.xunta.gal/es/centro/67) e escoller o curso desexado. Ante calquera duda pódese enviar un correo electrónico a cemit.ribeira@xunta.es.

Reparto de material
Ademais deste asunto, a Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19 abordou outra serie de puntos, entre os que cómpre destacar a dotación de mascarillas por parte dos servizos de emerxencia do Concello ao astaleiro de Aguiño e a Gadis Hiper; e a recepción dun kit para a montaxe de 25 pantallas protectoras por cortesía da empresa Mampaten.

Na comisión tamén se dou conta da ampliación das tarefas de desinfección diaria ao parking da lonxa e das xestións realizadas pola Xunta de Galicia en relación á situación de veciños ribeirenses afincados nestes momentos en Suráfrica e Australia.

Por último, tamén se explicou que o apoio que o Concello está prestando á comunidade educativa do municipio estase a traducir en distintas labores de colaboración como por exemplo o reparto de diverso material escolar ou o traslado de ordenadores dende un centro educativo a alumnos que non dispoñen de equipos na casa para permitir a formación online. A día de hoxe catro son centros onde se están a realizar este tipo de traballos (de Olveira, Heroínas de Sálvora de Aguiño, O Grupo e Frións) aínda que se está tamén en contacto co resto de centros para coñecer as súas posibles necesidades.